
Entrada de texto preditivo
Coa entrada preditiva, pode inserir calquera letra
cunha soa pulsación. A entrada de texto preditivo
baséase nun dicionario incorporado ó que pode
engadir palabras novas.
1.
Para activar a entrada de texto preditivo para
tódolos editores do dispositivo, prema
rapidamente # dúas veces. Para activar ou
desactivar a entrada de texto preditivo nos
axustes xerais, prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
140
Mensaxería

Personalización
>
Idioma
>
Texto
preditivo
.
2.
Para escribir a palabra desexada, prema as teclas
2–9. Prema cada tecla só unha vez para inserir
unha letra. Por exemplo, para escribir "Nokia"
cando se atopa seleccionado o dicionario inglés,
prema 6 para inserir o N, 6 para o o, 5 para o k,
4 para o i e 2 para o a.
A suxestión da palabra cambia despois de cada
pulsación.
3.
Cando acabe de escribir a palabra
correctamente, desprácese á dereita para
confirmala ou prema 0 para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces
para ver as palabras correspondentes que o
dicionario atopou unha por unha.
Se o carácter ? se amosa despois da palabra,
significa que a palabra non está no dicionario.
Para engadir unha palabra ó dicionario,
seleccione
Escribir
, insira a palabra usando a
entrada de texto tradicional e seleccione
Aceptar
. A palabra engádese ó dicionario. Cando
o dicionario está cheo, as palabras novas
substitúen ás palabras máis antigas.
4.
Comece a escribir a seguinte palabra.