Entrada de texto tradicional
Prema unha tecla numérica (1–9) varias veces ata
que apareza o carácter desexado. Existen máis
caracteres dispoñibles para unha tecla numérica
que as que aparecen impresas na tecla.
Se a seguinte letra está localizada na mesma tecla
que a presente, agarde ata que apareza o cursor (ou
desprácese á dereita para finalizar o período de
tempo de espera) e insira a letra.
Para inserir un espazo, prema 0. Para mover o
cursor á seguinte liña, prema 0 tres veces.