Nokia N96 - Mail for Exchange

background image

Mail for Exchange

Con Mail for Exchange, pode recibir o seu correo

electrónico do traballo no seu Nokia N96 . Poderá

ler e contestar os correos electrónicos, ver e editar

ficheiros adxuntos, ver información do calendario,

recibir e contestar solicitudes de xuntanzas,

programar xuntanzas e ver, engadir e editar

información de contacto. Mail for Exchange só se

pode configurar se a súa empresa dispón de

Microsoft Exchange Server. Ademais, o

administrador de TI da súa empresa deberá activar

Mail for Exchange para a súa conta.
Antes de comezar a instalar Mail for Exchange,

asegúrese de que dispón do seguinte:

Un ID de correo electrónico de empresa

O seu nome de usuario da rede da oficina

O seu contrasinal da rede da oficina

O seu nome de dominio da rede (póñase en

contacto co departamento de TI da súa empresa)

O seu nome de servidor de Mail for Exchange

(póñase en contacto co departamento de TI da

súa empresa)

Dependendo da configuración do servidor de Mail

for Exchange da súa empresa, é posible que teña

que inserir outra información ademais da incluída.

Se non coñece a información correcta, póñase en

contacto co departamento de TI da súa empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código

de bloqueo sexa obrigatorio. O código de bloqueo

predeterminado de Nokia N96 é 12345, pero é

posible que o administrador de TI da súa empresa

establecera un diferente para que utilice vostede.
Dependendo da súa empresa, é posible que

segundo a instalación de Mail for Exchange se lle

amosen ventás emerxentes de información

diferentes durante o proceso de configuración. Lea

as ventás emerxentes e seleccione

Continuar

,

Aceptar

,

Seguinte

ou

Si

para continuar.

Para instalar Mail for Exchange:

1.

Na pantalla de inicio, desprácese ao asistente do

correo electrónico e prema a tecla de

desprazamento.

2.

Seleccione

Iniciar config. do correo

.

3.

Lea a información na pantalla e seleccione

Iniciar

.

4.

Seleccione

Si

para permitir que o seu dispositivo

acceda á rede.

148

Mensaxería

background image

5.

Insira o seu enderezo de correo electrónico e

seleccione

Aceptar

.

6.

Insira o seu contrasinal e seleccione

Aceptar

.

7.

Insira o seu nome de usuario e seleccione

Aceptar

.

8.

Seleccione Mail for Exchange.

9.

Insira o nome do dominio da súa rede e

seleccione

Aceptar

.

10.

Insira o nome do servidor de Mail for Exchange

e seleccione

Aceptar

.

11.

Seleccione

Si

para instalar a aplicación Mail for

Exchange no seu dispositivo.

Unha vez efectuada a instalación, poderá crear o seu

perfil de Mail for Exchange mediante a modificación

dos axustes. Non obstante, dependendo da súa

empresa, é posible que o perfil se cree

automaticamente.