
Message reader
Coa aplicación Message reader pode escoitar
mensaxes de texto, multimedia e de audio, ademais
de correos electrónicos.
Para cambiar os axustes de lectura das mensaxes na
aplicación Speech, seleccione
Opcións
>
Discurso
.
Vexa "Speech ", p. 182.
Para escoitar novas mensaxes ou correos
electrónicos, manteña premida no modo de espera
a tecla de selección esquera ata que se inicie
Message reader.
Para escoitar mesaxes da súa bandexa de entrada
ou correos electrónicos da súa caixa de correo,
seleccione unha mensaxe e
Opcións
>
Escoitar
.
Para deter a lectura, prema a tecla fin.
Para inserir unha pausa e continuar a lectura, prema
a tecla de desprazamento. Para dirixirse á seguinte
mensaxe, desprácese á dereita. Para volver
reproducir a mensaxe ou o correo electrónico
actual, desprácese á esquerda. Para dirixirse á
mensaxe anterior, desprácese á esquerda no
principio da mensaxe. Para axustar o volume,
desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Para ver a mensaxe actual ou o correo electrónico
en formato de texto sen o son, seleccione
Opcións
>
Ver
.