Barra de ferramentas do
navegador
A barra de ferramentas do navegador permite
seleccionar as funcións do navegador utilizadas
frecuentemente.
Para abrir a barra de ferramentas, manteña
premida a tecla de desprazamento nun espazo
baleiro dunha páxina web. Para moverse pola barra
de ferramentas, desprácese á esquerda ou á
120
Navegador web
dereita. Para seleccionar unha función, prema a
tecla de desprazamento.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das
seguintes opcións:
●
Ligazóns máis usadas
— Permite ver unha lista
dos enderezos web que visita frecuentemente.
●
Vista xeral de páxina
— Permite obter unha
vista previa da páxina web actual.
●
Buscar
— Permite buscar palabras clave dentro
da páxina actual.
●
Recargar
— Permite actualizar a páxina.
●
Subscribirse a infos web
(se está
dispoñible) — Permite ver unha lista dos feeds
de web dispoñibles na páxina web actual e
subscribirse a un feed de web.