
Descargar e mercar
elementos
É posible descargar elementos como tons de
chamada, imaxes, logotipos de operador, temas e
videoclips. Estes elementos pódense proporcionar
de xeito gratuíto ou pode mercalos. As respectivas
aplicacións manipulan os elementos descargados
no seu dispositivo, por exemplo, as fotos
descargadas pódense gardar en Fotos.
Importante: Só instale e utilice aplicacións
e outro software procedente de fontes de
122
Navegador web

confianza, como como aplicacións Symbian Signed
ou que teñan pasado a proba Java Verified.
Para descargar un elemento:
1.
Seleccione a ligazón.
2.
Seleccione a opción axeitada para mercar o
elemento (por exemplo, Mercar).
3.
Lea detidamente toda a información
proporcionada.
4.
Para continuar ou cancelar a descarga,
seleccione a opción axeitada (por exemplo,
Aceptar ou Cancelar).
Cando inicia unha descarga, amósase unha lista
coas descargas en curso e as completadas da sesión
de navegación actual.
Para modificar a lista, seleccione
Opcións
>
Descargas
. Na lista, desprácese ata un elemento e
seleccione
Opcións
para cancelar as descargas en
curso ou abrir, gardar ou eliminar as descargas
completadas.