Navegar polas páxinas
O Minimapa e a descrición xeral da páxina axúdanlle
a navegar polas páxinas web que conteñen unha
gran cantidade de información.
Se o Minimapa está activado nos axustes do
navegador e se despraza por unha páxina web
grande, o Minimapa ábrese e amosa unha
descrición xeral da páxina web pola que navega.
Para activar o Minimapa, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Xeral
>
Minimapa
>
Activado
.
Para moverse dentro do Minimapa, desprácese á
esquerda, á dereita, arriba ou abaixo. Cando atope
a ubicación desexada, deteña o desprazamento. O
Minimapa desaparece e vostede queda na situación
seleccionada.
Durante a navegación por unha páxina web que
contén unha gran cantidade de información, tamén
pode utilizar
Vista xeral de páxina
para ver o tipo
de información que contén a páxina.
Para amosar a descrición xeral da páxina actual,
prema 8. Para atopar o punto desexado da páxina,
desprácese arriba, abaixo, á esquerda ou á dereita.
Prema 8 de novo para ampliar a imaxe e visualizar
a parte da páxina que desexe.