Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante
unha conexión, significa que a transmisión de datos
entre o dispositivo e a pasarela da Internet ou o
servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión
de datos entre a pasarela e o servidor de contidos
(ou se a localización onde se atopa almacenado o
recurso solicitado) é segura. O fornecedor de
servizos protexe a transmisión de datos entre a
pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de
certificados de seguridade nalgúns servizos, como
os servizos de banca. Se a identidade do servidor
non é auténtica ou se non dispón do certificado de
seguridade correcto no seu dispositivo, recibirá
unha notificación. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.