
Widgets
Este dispositivo admite widgets. Os widgets son
aplicacións web pequenas que se poden descargar
e que fornecen ó seu dispositivo material
multimedia, feeds novos e outra información, como
informes metereolóxicos. Os widgets instalados
amósanse como aplicacións individuais no cartafol
Aplicacións
.
Pode descargar widgets utilizando a aplicación
Descargar ou da web.
O punto de acceso predeterminado para os widgets
é o mesmo que o do navegador web. Cando se
executan en segundo plano, algúns widgets poden
actualizar información automaticamente no
dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.