Nokia N96 - Auriculares

background image

Auriculares

É posible conectar uns auriculares compatibles ó

dispositivo. Pode que necesite seleccionar o modo

de cable.

Aviso: Cando utilice os

auriculares, é posible que a

súa capacidade para escoitar

sons do exterior se vexa

afectada. Non utilice os

auriculares en situacións nas

que se poida poñer en risco a

súa seguridade.
Algúns auriculares divídense

en dúas partes: unha unidade

de control remoto e os

cascos. Unha unidade de

control remoto posúe un

micrófono e teclas para responder ou finalizar unha

chamada telefónica, axustar o volume e reproducir

ficheiros de música ou vídeo. Para utilizar os

auriculares cunha unidade de control remoto,

conecte a unidade ó conector AV de Nokia (3,5 mm)

do teléfono e, a continuación, conecte os

auriculares á unidade.
Para realizar chamadas de teléfono co mans libres,

utilice auriculares cunha unidade de control remoto

compatible ou utilice o micrófono do dispositivo.
Para axustar o volume durante unha chamada,

utilice a tecla de volume situada no dispositivo ou,

se estivera dispoñible, no auricular. Algúns

auriculares teñen controis de volume multimedia

39

O dis

pos

itivo

background image

que se utilizan só para axustar o volume para a

reprodución de música ou de vídeos.
Tamén pode conectar un cable de saída de

televisión compatible ó conector AV de Nokia (3.5

mm.) do dispositivo.

Vexa "Modo de saída de

televisión", p. 55.

Non conecte produtos que poidan emitir sinais de

saída, xa que poderían producirse danos no

dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión

ó conector AV de Nokia.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns

auriculares distintos dos autorizados por Nokia

para utilizalos con este dispositivo ó conector AV de

Nokia, preste atención especial ó nivel do volume.