
Transferencia de contido
É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar
contido como números de teléfono, enderezos,
elementos da axenda e imaxes do seu dispositivo
Nokia anterior ao Nokia N96.
O tipo de contido que se pode transferir depende do
modelo do dispositivo dende o que desexe
transferir contido. Se ese dispositivo admite a
sincronización, tamén será posible sincronizar
datos entre os dispositivos. O seu dispositivo Nokia
N96 notifícalle se o outro dispositivo non é
compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha
tarxeta SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Ao
acender o dispositivo Nokia N96 sen unha tarxeta
SIM, o perfil Desconectado actívase
automaticamente e pódese realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez
1.
Para recuperar datos do outro dispositivo por
primeira vez, no seu dispositivo Nokia N96,
seleccione
Cambio de datos
na aplicación de
benvida ou seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
>
Cambio
.
2.
Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar
para transferir os datos. Ámbolos dous
dispositivos deben admitir o tipo de conexión
seleccionado.
3.
Se selecciona a conectividade Bluetooth como
tipo de conexión, conecte os dous dispositivos.
Para facer que o teléfono busque dispositivos
con conectividade Bluetooth, seleccione
Continuar
. Seleccione o dispositivo dende o que
desexa transferir contido. O teléfono solicitaralle
que insira un código no seu dispositivo Nokia
N96. Insira un código (entre 1 e 16 díxitos) e
seleccione
Aceptar
. Insira o mesmo código no
outro dispositivo e seleccione
Aceptar
. Os
dispositivos están agora vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia
anteriores non inclúan aínda a aplicación
Cambio. Neste caso, a aplicación Cambio
enviarase ao outro dispositivo en forma de
mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio no
outro dispositivo, abra a mensaxe e siga as
instrucións da pantalla.
28
O dis
pos
itivo

4.
Dende o seu dispositivo Nokia N96, seleccione o
contido que desexe transferir dende o outro
dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode
cancelala e continuar máis tarde.
O contido transfírese dende a memoria do outro
dispositivo á localización correspondente do seu
dispositivo Nokia N96. O tempo da transferencia
depende da cantidade de datos que se teñan que
transferir.