Control do volume e do
altofalante
Aviso: Escoite música a un volume
moderado. A exposición continua a niveis elevados
de volume pode danar a súa capacidade auditiva.
Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co
altofalante activado, xa que o son podería emitirse
a un nivel de volume extremadamente elevado.
Para aumentar ou reducir o volume durante unha
chamada activa ou cando está a escoitar un son,
utilice a tecla de volume.
O altofalante incorporado
permítelle falar e escoitar
dende pouca distancia sen
ter que manter o dispositivo preto do seu oído.
Para utilizar o altofalante durante unha chamada,
prema
Altofalante
.
Para desactivar o altofalante, prema
Teléfono
.