Envío de mensaxes
En Os meus amigos, é posible enviar mensaxes
privadas a xogadores pertencentes á súa lista de
amigos. Se un dos seus amigos se atopa conectado
nestes intres ao servizo N-Gage, poderá responder
á mensaxe, e poderá conversar por medio do chat
con el.
Para ver mensaxes novas recibidas dun amigo de N-
Gage, desprácese ata o mesmo na súa lista de
amigos e seleccione
Options
>
View Message
. As
mensaxes lidas elimínanse automaticamente ao
saír de N-Gage.
Para ver suxestións acerca dos xogos, seleccione
Options
>
View Recommendation
. As suxestións
acerca dos xogos elimínanse automaticamente
unha semana despois de recibilas.
Para enviar unha mensaxe a un amigo de N-Gage,
desprácese ata o mesmo na súa lista de amigos e
seleccione
Options
>
Send Message
. O límite de
tamaño dunha mensaxe privada é de 115
caracteres. Para enviar a mensaxe, seleccione
Submit
.
Cómpre dispoñer dunha conexión GPRS, 3G ou de
LAN sen fíos para poder empregar a función de
mensaxería. É posible que se apliquen tarifas pola
transferencia de datos. Para obter máis
información, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos móbil.