
Reproducir e administrar xogos
Para reproducir e administrar os xogos descargados
e instalados no seu dispositivo, seleccione
My
Games
. Os xogos ordénanse segundo a data da
última vez que se empregaron, co máis recente
primeiro.
Existen cinco posibles tipos de xogos en Os meus
xogos:
●
Xogos completos — Estes son xogos mercados
cunha licenza completa. É posible que existan
varios tipos de licenzas dispoñibles, dependendo
do xogo e da súa rexión.
●
Xogos de proba — Estes son ficheiros de xogos
completos aos que se ten acceso só durante un
tempo limitado ou que teñen un contido
limitado. Cando o tempo de proba caduca,
cómpre mercar unha licenza para desbloquear o
xogo completo e continuar xogando. Estes xogos
están marcados cun banner de proba.
●
Xogos demo — Estas son seccións máis pequenas
do xogo con tan só unha serie moi limitada de
funcións e niveis. Estes xogos están marcados
cun banner de demo.
●
Completamente caducado — Este son xogos
mercados cunha licenza limitada, que agora
caducou. Estes xogos están marcados cun reloxo
e cunha frecha.
●
Non dispoñible — Estes son xogos completos que
eliminou ou que descargou pero a instalación
non se completou. Estes xogos amósanse como
non dispoñibles na lista de xogos. Ademais, os
xogos instalados na tarxeta de memoria
amósanse como non dispoñibles cando se extrae
a tarxeta de memoria.
Se se descargou un extra dun xogo pero non se
instalou completamente, o gráfico respectivo do
xogo tampouco estará dispoñible e non se poderá
xogar co mesmo ata que se instale o extra do xogo.