
Verbo de N-Gage
N-Gage é unha plataforma de xogos para
dispositivos móbiles dispoñible para unha ampla
gama de dispositivos móbiles Nokia compatibles. É
posible acceder a xogos N-Gage, contido e contactar
con xogadores a través da aplicación N-Gage do seu
dispositivo. Tamén é posible descargar xogos e
acceder a algunhas funcións do ordenador a través
de páxina www.n-gage.com.
Con N-Gage, é posible descargar e mercar xogos,
xogar a eles individualmente ou con amigos. É
posible descargar mostras de xogos para probar
33
O dis
pos
itivo

xogos novos e mercar os que máis lle gusten. N-
Gage tamén permite manterse en contacto con
outros xogadores e rexistrar e compartir as súas
puntuacións e outros logros acadados nos xogos.
Para empregar N-Gage, cómpre dispoñer dunha
conexión GPRS ou 3G. Tamén é posible empregar
unha rede WLAN se está dispoñible. Tamén se
necesita a conexión para ter acceso a funcións en
liña como a descarga de xogos, as licenzas dos
xogos, os xogos multixogador ou os chats. A
conexión tamén é necesaria para participar en
xogos en liña ou multixogador, ou para enviar
mensaxes a outros xogadores.
Todos os servizos de N-Gage nos que se require
conexión a servidores N-Gage, como a descarga de
ficheiros de xogos, a compra de xogos, os xogos en
liña, os xogos multixogador, a creación de nomes
de xogador, o chat e a mensaxería, implican a
transmisión de grandes cantidades de datos.
O fornecedor de servizos aplicará unha tarifa pola
transferencia de datos. Para obter máis información
acerca das tarifas de transferencia de datos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos móbil.