Nokia N96 - Vistas de N-Gage

background image

Vistas de N-Gage

A aplicación N-Gage está composta de cinco partes

diferentes.

A páxina inicial ábrese cando se inicia a

aplicación N-Gage. Pode comezar a xogar ou

proseguir co último xogo que utilizou, comprobar

os seus puntos de N-Gage actuais, atopar máis

xogos, ler as súas mensaxes ou conectarse cun

amigo de N-Gage que estea dispoñible para xogar.

En Os meus xogos, pode xogar e xestionar os

xogos que descargou ao seu dispositivo. Pode

instalar e eliminar xogos, clasificar e examinar

xogos cos que xogou e recomendalos aos seus

amigos de N-Gage.

En O meu perfil, pode xestionar a súa información

e detalles de perfil e conservar un rexistro do seu

historial de xogos de N-Gage.

En Os meus amigos, pode invitar a outros

xogadores de N-Gage á súa lista de amigos e ver se

están conectados e dispoñibles para xogar. Tamén

pode enviar mensaxes aos seus amigos de N-Gage.

En Sala, pode atopar información sobre os

xogos de N-Gage, incluíndo capturas de pantalla e

comentarios de xogadores. Tamén pode probar

xogos novos descargando xogos de proba ou

aumentar a súa experiencia no xogo con xogos

extras para xogos que xa están no seu dispositivo.

34

O dis

pos

itivo