Nokia N96 - Perfil Desconectado

background image

Perfil Desconectado

Para activar o perfil Desconectado, prema a tecla de

acendido brevemente e seleccione

Fóra de liña

. Ou

prema

e seleccione

Ferramentas

>

Perfís

>

Fóra de liña

.

O perfil Desconectado permite utilizar o dispositivo

sen conectarse á rede sen fíos. Cando se activa o

perfil Desconectado, desactívase a conexión á rede

sen fíos, tal e como se indica mediante na zona

do indicador de potencia do sinal. Evítase a

recepción e envío de tódolos sinais de RF sen fíos

dende o dispositivo. Se intenta enviar mensaxes,

colócanse na caixa de saída para ser enviadas máis

tarde.
Se o perfil Desconectado está activo, poderá utilizar

o dispositivo sen unha tarxeta SIM.

Importante: No perfil Desconectado, non é

posible efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar

40

O dis

pos

itivo

background image

outras funcións que requiran o uso de cobertura de

rede móbil. Sen embargo, poderá efectuar

chamadas ó número de emerxencia oficial

programado no dispositivo. Para efectuar

chamadas, primeiro cómpre activar a función do

teléfono mediante a modificación dos perfís. Se se

bloqueou o dispositivo, insira o código de bloqueo.
Ó activar o perfil Desconectado, aínda pode utilizar

a LAN sen fíos, por exemplo, para consultar o correo

electrónico ou navegar pola Internet. Recorde

cumprir con tódolos requisitos de seguridade

aplicables cando estableza e utilice unha conexión

LAN sen fíos. Tamén se pode utilizar a conectividade

Bluetooth no perfil Desconectado.
Para abandonar o perfil Desconectado, prema a

tecla de acendido brevemente e seleccione outro

perfil. O dispositivo volve activar as transmisións

sen fíos (sempre que haxa suficiente potencia do

sinal).