Fixar tons en Perfís
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Perfís
.
Pode utilizar perfís para axustar e personalizar os
tons de chamada, os tons de aviso de mensaxes e
outros tons para eventos, ambientes ou grupos de
chamada diferentes.
Para cambiar o perfil, seleccione un perfil e
Opcións
>
Activar
ou prema a tecla de acendido
no modo en espera. Desprácese ata o perfil que
desexa activar e seleccione
Aceptar
.
Suxestión: Para alternar entre o perfil Xeral
e o perfil Silencio no modo en espera,
manteña premida a tecla #.
Para modificar un perfil, desprácese ata el e
seleccione
Opcións
>
Personalizar
. Desprácese
43
Personalice o dispositivo
ata o axuste que desexa cambiar e prema a tecla de
desprazamento para acceder ás diferentes opcións.
Os tons gardados nunha tarxeta de memoria
compatible (se está inserida) indícanse mediante
.
Se desexa axustar a activación dun perfil a unha
hora determinada, seleccione
Opcións
>
Temporizado
. Cando se supera a hora establecida,
o perfil cambia de novo aos perfil activado
anteriormente. Cando se programa un perfil,
amósase no modo en espera. O perfil Fóra de liña
non se pode programar.
Na lista de tons, seleccione
Descargar sons
(servizo
de rede) para abrir unha lista de favoritos. Pode
seleccionar un favorito e abrir unha conexión a
unha páxina web para descargar máis tons.
Se desexa que se pronuncie o nome do emisor da
chamada cando o dispositivo soa, seleccione
Opcións
>
Personalizar
>
Dicir nome do
chamante
>
Activado
. Cómpre que o nome do
emisor da chamada se garde en Contactos.
Para crear un perfil novo, seleccione
Opcións
>
Crear novo
.