Temas de audio
Nos temas de audio, pode seleccionar un esquema
de son como "Espazo" para cubrir tódolos eventos
do dispositivo, como as chamadas, a batería baixa
e eventos mecánicos. Os sons poden ser tons,
etiquetas de voz sintetizadas ou unha combinación
de ámbolos dous.
Seleccione o esquema de son que desexa utilizar en
Tema de audio activo
. Teña en conta que activar
un tema de audio cambia tódolos axustes de son
anteriores. Se desexa volver utilizar os tons
predeterminados, seleccione o tema de audio
"Nokia".
É posible cambiar os sons dos eventos diferentes
individualmente seleccionando un dos grupos de
son, por exemplo,
Eventos de menú
.
Para engadir efectos de 3-D ó tema de audio,
seleccione
Opcións
>
Tons de chamada 3D
.
Vexa
"Tons 3-D ", p. 44.
Para cambiar o idioma que se utiliza para a etiqueta
de voz sintetizada, seleccione
Opcións
>
Axustar
idioma discurso
.
Se cambiou os tons de eventos individuais, pode
gardar o tema seleccionando
Opcións
>
Gardar
tema
.
Axustar sons para eventos
Para axustar o son dun evento individual en
silencio, abra un grupo de eventos, seleccione o
evento e axústeo en
Silencio
.
Para axustar unha etiqueta de voz sintetizada como
o son dun evento, abra un grupo de eventos,
seleccione o evento e
Discurso
. Insira o texto
desexado e prema
Aceptar
.
Discurso
non está
dispoñible se se activou
Dicir nome do chamante
en
Perfís
.
Vexa "Marcado por voz", p. 158.