Nokia N96 - Tons 3-D 

background image

Tons 3-D

Prema

e seleccione

Ferramentas

>

Utilidades

>

Tons 3-D

.

Cos tons 3-D, pode activar efectos de son en tres

dimensións para os tons de chamada. Non tódolos

tons de chamada admiten os efectos 3-D.
Para activar os efectos 3-D, seleccione

Efectos ton

chamada 3-D

>

Activar

. Para cambiar o ton de

chamada, seleccione

Ton de chamada

e o ton de

chamada que desexa.
Para cambiar o efecto 3-D que se aplica ó ton de

chamada, seleccione

Traxectoria do son

e o efecto

que desexa.
Para modificar o efecto, seleccione un dos axustes

seguintes:

Velocidade traxectoria

— Desprácese á

esquerda ou á dereita para axustar a velocidade

coa que desexa que se mova o son dunha

dirección á outra. Este axuste non está dispoñible

para tódolos tons de chamada.

Reverberación

— Permite seleccionar o tipo de

eco.

Efecto Doppler

— Permite seleccionar

Activar

para que o ton de chamada soe máis alto cando

se atope preto do teléfono e máis baixo cando se

atope máis lonxe. A medida que se achega ó

dispositivo, o ton de chamada semella aumentar

de volume e cando se afasta, semella diminuír.

Este axuste non está dispoñible para tódolos tons

de chamada.

44

Personalice o dispositivo

background image

Para escoitar o ton de chamada co efecto 3-D,

seleccione

Opcións

>

Reproducir ton

. Se activa os

tons 3-D, pero non selecciona ningún efecto,

aplicarase a ampliación estéreo ó ton de chamada.
Para axustar o volume do ton de chamada,

seleccione

Ferramentas

>

Perfís

>

Opcións

>

Personalizar

>

Volume do ton

.