Nokia N96 - Acerca do GPS

background image

Acerca do GPS

O Sistema de Posicionamento Global (GPS) é un

sistema de navegación por radio a nivel mundial

que inclúe 24 satélites e as súas respectivas

estacións en terra que controlan o funcionamento

destes. O dispositivo posúe un receptor GPS interno.
Un terminal GPS recibe sinais de radio de baixa

frecuencia dende os satélites e mide o tempo que

tardan os sinais en facer o percorrido. A partir deste

tempo de percorrido, o receptor GPS pode calcular

a súa localización cunha precisión de metros.
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de

graos e graos decimais pertencente ó sistema de

coordenadas internacional WGS-84.
O sistema de posicionamento global (GPS) está

operado polo goberno dos Estados Unidos, que é o

único responsable da precisión e mantemento do

sistema. A precisión dos datos de localización pode

verse afectada polos axustes nos satélites GPS

efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está

suxeita a modificacións procedentes da política de

GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados

Unidos e do Plan de radionavegación federal

(Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén

pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel

do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais

GPS poden verse afectadas pola súa localización, os

edificios e os obstáculos naturais ademais de polas

condicións meteorolóxicas. Só se debe utilizar o

receptor GPS no exterior para permitir a recepción

de sinais GPS.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición

dunha localización precisa e vostede non debe

depender só dos datos de localización procedentes

do receptor GPS nin das redes de radio móbil para

determinar posicións nin para a navegación.
Para activar ou desactivar os diferentes métodos de

posicionamento, como o GPS Bluetooth, prema

e seleccione

Ferramentas

>

Axustes

>

Xeral

>

Posicionamento

>

Métodos

posicionamento

.

101

Po

si

ci

on

am

en

to

(GPS)