Nokia N96 - Consellos para crear unha conexión GPS

background image

Consellos para crear unha

conexión GPS

Se o dispositivo non pode atopar o sinal do satélite,

considere o seguinte:

Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao

exterior para recibir un sinal mellor.

Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un

espazo máis aberto.

Asegúrese de que a súa man non tapa a antena

GPS do dispositivo.

Vexa "Soster o teléfono

correctamente", p. 102.

Se as condicións climáticas non son boas, a

intensidade do sinal pódese ver afectada.

Algúns vehículos posúen cristais tinxidos

(atérmicos) que poden bloquear os sinais dos

satélites.

Comprobación do estado do sinal de satélite

Para comprobar cantos satélites atopou o teléfono

e se está a recibir os seus sinais, prema

e

seleccione

Ferramentas

>

Conectivid.

>

Datos

GPS

>

Posición

>

Opcións

>

Estado do

satélite

.

Se o dispositivo atopou

satélites, amosarase unha

barra para cada un na vista

de información de

satélites. Canto máis longa

sexa a barra, máis potente

será o sinal do satélite.

Unha vez que o dispositivo recibiu datos suficientes

do sinal por satélite para calcular as coordenadas

da súa localización, a barra amósase de cor negra.
Inicialmente, cómpre que o dispositivo reciba sinais

de polo menos catro satélites para poder calcular as

coordenadas da súa localización. Unha vez

realizado o cálculo inicial, pode que sexa posible

continuar calculando as coordenadas da súa

localización mediante tres satélites. Non obstante,

polo xeral a precisión é mellor cantos máis satélites

se atopan.