Nokia N96 - Guía de ruta

background image

Guía de ruta

Prema

e seleccione

Ferramentas

>

Conectivid.

>

Datos GPS

>

Navegación

.

Inicie a guía de ruta nun lugar ó aire libre. Se a inicia

nun lugar interior, pode que o receptor GPS non

reciba a información necesaria dos satélites.
A guía de ruta utiliza un compás xiratorio na

pantalla do teléfono. Un punto vermello amosa a

dirección cara ó destino, e a distancia aproximada

amósase dentro do anel do compás.
A guía de ruta está deseñada para amosar a ruta

máis directa e a distancia máis curta cara ó destino,

medidas cunha liña recta. Os obstáculos que se

atopan na ruta, como edificios e obstáculos naturais

non se teñen en conta. As diferenzas de altitude non

se teñen en conta cando se calcula a distancia. A

guía de ruta actívase só cando vostede se move.
Para axustar o destino da súa viaxe, seleccione

Opcións

>

Fixar destino

e un marcador como o

destino, ou insira as coordenadas de latitude e

lonxitude. Seleccione

Deter navegación

para

borrar o destino que estableceu para a viaxe.