GPS asistido (A-GPS)
O dispositivo tamén admite o GPS asistido (A-GPS).
A-GPS é un servizo de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter datos de
asistencia técnica mediante unha conexión de
paquetes de datos, que axuda a calcular as
coordenadas da súa localización actual cando o
dispositivo recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo recibe
información útil por satélite dende un servidor de
datos de asistencia a través da rede móbil. Coa
axuda dos datos de asistencia, o seu dispositivo
pode obter a localización do GPS de xeito más
rápido.
O dispositivo está configurado previamente para
utilizar o servizo A-GPS de Nokia, se non se atopan
dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor
de servizos específico. Os datos de asistencia
recupéranse dende o servidor do servizo A-GPS de
Nokia só cando é necesario.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet definido
no dispositivo para recuperar os datos de asistencia
do servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión
de paquetes de datos. Para definir un punto de
acceso para A-GPS, prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Posicionamento
>
Servidor posicionamento
>
Punto de acceso
. Para este servizo non se pode
utilizar un punto de acceso LAN sen fíos. Só se pode
utilizar un punto de acceso á Internet de paquetes
de datos. O dispositivo solicita o punto de acceso á
Internet cando o GPS se utiliza por primeira vez.