Axustes
Para configurar a función de compartir vídeo,
necesita os axustes da conexión de persoa con
persoa e de UMTS.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense
tamén co nome de conexión de Protocolo de
Iniciación de Sesión (SIP). Cómpre configurar os
axustes do perfil SIP no dispositivo para poder
utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ó seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e
gárdeos no seu dispositivo. O seu fornecedor de
servizos pode enviarlle os axustes mediante unha
conexión polo aire ou proporcionarlle unha lista dos
parámetros necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a unha tarxeta de
contacto, leve a cabo o seguinte:
1.
Prema
e seleccione
Contactos
.
2.
Abra a tarxeta de contacto (ou inicie unha
tarxeta nova para esa persoa).
3.
Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir vídeo
.
4.
Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio (pode
utilizar un enderezo IP en lugar dun nome de
dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode
utilizar o número de teléfono do destinatario,
incluído o código de país, para compartir vídeo
(se o fornecedor de servizos de rede o admite).
Axustes de conexión UMTS
Para configurar a súa conexión UMTS, leve a cabo o
seguinte:
●
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para establecer un acordo para que utilice a rede
UMTS.
●
Asegúrese de que os axustes de conexión do
punto de acceso UMTS do dispositivo están
configurados correctamente.