Requisitos
A opción de compartir vídeo require a utilización
dunha conexión UMTS. A súa capacidade para
utilizar a función de compartir vídeo depende da
dispoñibilidade da rede UMTS. Póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos se desexa obter máis
información sobre o servizo e a dispoñibilidade da
rede e tarifas asociadas co uso deste servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre
facer o seguinte:
●
Asegúrese de que o dispositivo estea
configurado para establecer conexións persoa
con persoa.
●
Asegúrese de dispoñer dunha conexión UMTS
activa e de que se atopa dentro da zona de
cobertura de rede UMTS. Se inicia a sesión de
compartir mentres se atopa dentro da zona de
cobertura de rede UMTS e pásase a GSM, a sesión
de compartir contidos interrómpese, pero a
chamada de voz continúa. Non é posible comezar
a compartir vídeo se non se atopa dentro da zona
de cobertura de rede UMTS.
●
Asegúrese de que tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na rede UMTS.
161
Realizar chamadas
Se invita a alguén a unha sesión para compartir
contidos e o dispositivo do destinatario non se
atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS,
non dispón da función para compartir vídeo
instalada ou non configurou as conexións persoa
con persoa, o destinatario non saberá que lle está
a enviar unha invitación. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que o
destinatario non pode aceptar a invitación.