Marcado por voz
O dispositivo admite comandos avanzados de voz.
Os comandos avanzados de voz non dependen da
voz do falante, así que o usuario non grava
etiquetas de voz de antemán. O dispositivo crea
unha etiqueta de voz para as entradas dos
contactos e compara a etiqueta de voz falada con
este. O recoñecemento de voz no dispositivo
adáptase á voz do usuario principal para recoñecer
os comandos de voz mellor.
A etiqueta de voz dun contacto é o nome ou o
alcume que se garda na tarxeta de contacto. Para
escoitar a etiqueta de voz sintetizada, abra unha
tarxeta de contacto e seleccione
Opcións
>
Reproducir gravación
.
Faga unha chamada cunha etiqueta de voz
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode
resultar difícil en contornos con ruído ou durante
unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar
unicamente no marcado por voz en tódalas
circunstancias.
Cando usa o marcado por voz, utilízase o
altofalante. Manteña o dispositivo a pouca distancia
cando diga a etiqueta de voz.
1.
Para comezar o marcado por voz, no modo en
espera, manteña premida a tecla de selección
dereita. Se se conectan uns auriculares
compatibles con tecla de auriculares, manteña
premida esta tecla para comezar o marcado por
voz.
2.
Reproducirase un ton curto e amosarase
Fale
agora
. Diga claramente o nome ou o alcume
que está gardado na tarxeta de contactos.
158
Realizar chamadas
3.
O dispositivo reproduce unha etiqueta de voz
sintetizada para o contacto recoñecido no
idioma do dispositivo seleccionado e amosa o
nome e o número. Se non desexa chamar a ese
contacto, seleccione
Seguinte
antes de que
transcorran 2,5 segundos para ver unha lista
coas outras coincidencias ou
Abandonar
para
cancelar a marcación por voz.
Se se gardan varios números nun mesmo nome, o
dispositivo selecciona o número predeterminado se
se estableceu. Senón, o dispositivo selecciona o
primeiro número dispoñible nunha tarxeta de
contactos.
Realizar unha
videochamada
Cando faga unha videochamada (servizo de rede),
pode verse un vídeo a tempo real a dúas bandas
entre vostede e o destinatario da chamada. A imaxe
do vídeo en directo ou a imaxe do vídeo capturada
pola cámara do seu dispositivo amósase ó
destinatario da videochamada.
Para ser quen de facer unha videochamada, cómpre
ter unha tarxeta USIM e estar nunha zona de
cobertura dunha rede UMTS. Para obter información
acerca da dispoñibilidade e da subscrición ós
servizos de videochamada, póñase en contacto co
seu fornecedor de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer entre dúas
partes. As videochamadas poden realizarse a un
dispositivo móbil compatible ou a un cliente RDSI.
As videochamadas non se poden facer mentres
estea activa outra chamada de voz, vídeo ou datos.
Iconas
Non está a recibir un vídeo (o destinatario non
está a enviar un vídeo ou a rede non o está a
transmitir).
Denegóuselle enviar un vídeo dende o seu
dispositivo. Para enviar unha imaxe fixa, seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Chamadas
>