Nokia N96 - Opcións durante unha chamada

background image

Opcións durante unha

chamada

Para axustar o volume durante unha chamada,

utilice a tecla volume situada no lateral do

dispositivo. Tamén pode utilizar a tecla de

desprazamento. Se axustou o volume en

Silenciar

,

seleccione

Act. audio

primeiro.

Para enviar unha imaxe ou un videoclip nunha

mensaxe multimedia a outro participante da

chamada, seleccione

Opcións

>

Enviar MMS

(só en

redes UMTS). Pode editar a mensaxe e cambiar o

destinatario antes de enviala. Prema a tecla chamar

para enviar o ficheiro a un dispositivo compatible

(servizo de rede).
Para poñer unha chamada de voz activa en espera

mentres responde outra chamada entrante,

seleccione

Opcións

>

Reter

. Para cambiar entre a

chamada activa e a a que está en espera, seleccione

Opcións

>

Cambiar

.

Para enviar cadeas de tons DTMF (por exemplo, un

contrasinal), seleccione

Opcións

>

Enviar DTMF

.

Insira a cadea DTMF ou búsquea en Contactos. Para

inserir un carácter de espera (w) ou un carácter de

155

Realizar chamadas

background image

pausa (p), prema * varias veces. Para enviar o ton,

seleccione

Aceptar

. É posible engadir tons DTMF ó

número de teléfono ou campos DTMF nunha tarxeta

de contactos.

Suxestión: Cando só teña unha chamada de

voz activa, para poñela en espera, prema a

tecla chamar. Para activar a chamada, prema

a tecla chamar de novo.

Durante unha chamada activa, para enviar o son

dende o teléfono ó altofalante, seleccione

Opcións

>

Activar o altofalante

. Se conectou uns

auriculares compatibles coa conectivade Bluetooth,

para enviar o son ós auriculares, seleccione

Opcións

>

Activar mans libres

. Para que o son

regrese ó teléfono, seleccione

Opcións

>

Activar

teléfono

.

Para finalizar unha chamada activa e substituíla

respondendo á chamada en espera, seleccione

Opcións

>

Colgar e cambiar

.

Se ten varias chamadas activas, para finalizalas

todas, seleccione

Opcións

>

Rematar todas

chams.

.

Moitas das opcións que se poden utilizar durante

unha chamada de voz son servizos de rede.