Opcións durante unha
videochamada
Para alternar entre amosar un vídeo ou só escoitar
son, seleccione
Opcións
>
Activar
ou
Desactivar
e a opción desexada.
Para utilizar a cámara principal para enviar vídeos,
seleccione
Opcións
>
Usar cámara principal
. Para
regresar á cámara secundaria, seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
.
Para tomar unha instantánea do vídeo que está
enviando, seleccione
Opcións
>
Enviar a
instantánea
. O envío do vídeo detense e a
instantánea amósase ó receptor. A instantánea non
se garda. Prema
Cancelar
para continuar co envío
do vídeo.
Para ampliar ou reducir a imaxe, seleccione
Opcións
>
Zoom
.
Para enviar o audio a uns auriculares compatibles
ligados ó seu dispositivo mediante a conectividade
Bluetooth, seleccione
Opcións
>
Activar mans
libres
. Para que o audio se emita de novo polo
altofalante do seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Activar teléfono
.
Para cambiar a calidade do vídeo, seleccione
Opcións
>
Preferencia de vídeo
. A
Calidade
normal
ten unha porcentaxe de fotogramas de 10
fps. Se utiliza
Maior detalle
, a porcentaxe de
fotogramas será menor para amosar detalles
pequenos e estáticos. Utilice
Movemen. máis
suave
para imaxes en movemento que requiren
unha porcentaxe de fotogramas máis elevada.
Para axustar o volume durante unha
videochamada, utilice a tecla de volume situada no
lateral do dispositivo.