Nokia N96 - Información importante de seguridade

background image

Información importante de

seguridade

Cando configure a rede doméstica WLAN, active un

método de cifrado no seu dispositivo de punto de

acceso e, a continuación, nos outros dispositivos

destinados a establecer conexións coa rede

doméstica. Consulte a documentación dos

dispositivos. Garde os códigos nun lugar secreto e

seguro, lonxe dos dispositivos.
É posible ver ou cambiar os axustes do punto de

acceso WLAN á Internet no dispositivo.

Vexa

"Puntos de acceso", p. 193.

Se utiliza o modo operativo "ad hoc" para crear

unha rede doméstica cun dispositivo compatible,

active un dos métodos de cifrado en

Modo

seguridade WLAN

cando configure o punto de

acceso á Internet.

Vexa "Axustes de

conexión", p. 193.

Este paso reduce o risco de que

se unan á rede "ad hoc" terceiras partes non

desexadas.
O dispositivo notifica se existe outro dispositivo que

tenta conectar con el e coa rede doméstica. Non

acepte solicitudes de conexión realizadas dende un

dispositivo descoñecido.
Se utiliza WLAN nunha rede que non dispón de

cifrado, desactive a opción de compartir os ficheiros

con outros dispositivos ou non comparta ningún

ficheiro multimedia privado.

Vexa "Axustes da rede

doméstica", p. 95.