Verbo da rede doméstica
O seu dispositivo é compatible con Universal Plug
and Play (UPnP) e certificado pola Digital Living
Network Alliance (DLNA). Pode usar un dispositivo
de punto de acceso LAN (WLAN) sen fíos ou un router
WLAN para crear unha rede doméstica. A
continuación, pode conectar dispositivos UPnP
compatibles que admiten WLAN á rede. Os
dispositivos compatibles poden ser o seu
dispositivo móbil, un ordenador compatible, un
sistema de son ou televisor ou un receptor
multimedia sen fíos compatible conectado a un
sistema de son ou a un televisor.
É posible compartir e sincronizar ficheiros
multimedia no dispositivo móbil con outros
dispositivos certificados UPnP e DLNA compatibles
por medio da rede doméstica. Para activar a
funcionalidade da rede doméstica e xestionar os
axustes, seleccione
>
Ferramentas
>
Conectivid.
>
Medios dom.
. Tamén pode utilizar
a aplicación de medios domésticos para ver e
reproducir ficheiros multimedia dende dispositivos
de rede doméstica no seu dispositivo ou noutros
dispositivos compatibles como un ordenador, un
sistema de son ou un televisor.
Para ver os ficheiros multimedia noutro dispositivo
de rede doméstica, seleccione un ficheiro en Fotos,
Opcións
>
Mostrar vía rede propia
e o
dispositivo.
Para utilizar a función WLAN do dispositivo nunha
rede doméstica, cómpre ter unha configuración de
conexión doméstica WLAN en funcionamento e
outros dispositivos domésticos compatibles con
UPnP para conectar coa mesma rede doméstica.
Despois de configurar a súa rede doméstica, pode
compartir fotos, música e vídeos cos seus amigos e
familiares en casa. Tamén pode almacenar os seus
ficheiros multimedia nun servidor multimedia ou
recuperar ficheiros multimedia dun servidor
doméstico compatible. Pode reproducir música
almacenada no seu dispositivo mediante un
sistema estéreo doméstico certificado DLNA,
controlando as listas de reprodución e os niveis de
volume directamente dende o seu dispositivo.
Tamén pode ver imaxes capturadas coa cámara do
seu dispositivo nunha pantalla de televisión
compatible, todo controlado co seu dispositivo a
través dunha rede WLAN.
94
Red
e domés
tic
a
A rede doméstica utiliza os axustes de seguridade
da conexión WLAN. Utilice a función de rede
doméstica nunha rede de infraestrutura WLAN cun
dispositivo de punto de acceso WLAN e compatible
co cifrado.
O dispositivo conéctase coa rede doméstica só se
vostede acepta unha solicitude de conexión doutro
dispositivo compatible ou selecciona a opción para
ver, reproducir ou copiar ficheiros multimedia no
dispositivo ou buscar outros dispositivos.