Nokia N96 - Seguridade

background image

Seguridade

Lea estas instrucións simples. Non respectalas pode

resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario

completa para obter máis información.

ACENDIDO SEGURO

Non acenda o dispositivo en zonas onde o

uso de teléfonos inalámbricos estea

prohibido ou cando poida provocar

interferencias ou resulte perigoso.

A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O

PRIMEIRO

Respecte a lexislación local. Manteña sempre

as mans libres para controlar o vehículo

durante a condución. A súa principal

prioridade durante a condución deberá ser

a seguridade vial.

INTERFERENCIAS

Tódolos dispositivos inalámbricos son

susceptibles de recibir interferencias, o que

pode afectar ó seu rendemento.

DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS

Respecte as restricións. Apague o dispositivo

nos avións, preto de equipos médicos,

combustibles, produtos químicos ou zonas

volátis.

SERVIZO CUALIFICADO

O produto só poderá ser instalado ou

reparado por persoal cualificado.

ACCESORIOS E BATERÍAS

Utilice únicamente accesorios e baterías

autorizados. Non conecte produtos non

compatibles.

RESISTENCIA Á AUGA

O dispositivo non é resistente á auga.

Mantéñao seco.