Nokia N96 - Servizos de rede

background image

Servizos de rede

Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos

servizos dun fornecedor de servizos sen fíos. Moitas das

funcións do produto requiren dispoñer de funcións

especiais de rede. Estas funcións non se atopan

dispoñibles en todas as redes; é posible que para poder

utilizar os servizos de rede noutras redes sexa

necesario establecer acordos específicos co seu

fornecedor de servizos. O uso de servizos de rede

implica a transmisión de datos. Comprobe co seu

fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na

súa rede propia ou durante a itinerancia noutras redes.

Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle os

importes que lle serán cargados polo servizo. É posible

que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao

modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por

exemplo, é posible que algunhas redes non admitan

todos os caracteres e servizos dependentes dos

idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a

desactivación ou non activación de determinadas

funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas

funcións non aparecerán no menú do dispositivo.

Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha

configuración especial, como cambios nos nomes ou

na orde dos menús, ou nas iconas. Póñase en contacto

so seu fornecedor de servizos para obter máis

información.

O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0

(HTTP e SSL) que se executan nos protocolos TCP/IP.

Algunhas funcións deste dispositivo, como MMS,

navegación e correo electrónico requiren soporte da

rede para estas tecnoloxías.

13

Se

gu

ridade