Nokia N96 - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía

está aprobada en (E)GSM 850, 900, 1800, 1900, e redes

UMTS 900 e 2100 MHz . Póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos para obter máis información

acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a

lexislación e os costumes locais, a intimidade e os

11

Se

gu

ridade

background image

dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os

dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor

non autoricen a copia, modificación ou transferencia

dalgunhas imaxes, música e demais contido.
O dispositivo admite diversos métodos de

conectividade. Do mesmo xeito que os ordenadores, é

posible que o dispositivo estea exposto a virus e

demais contido daniño. Teña precaución coas

mensaxes, solicitudes de conexión, buscas e descargas.

Unicamente instale e utilice servizos e software

obtidos de fontes fiables que ofrezan seguridade e

protección axeitada contra software daniño, como

aplicacións que pasasen o proceso de certificación

Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a

posibilidade de instalar programas antivirus e demais

software de seguridade no dispositivo e nos

ordenadores conectados.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e

ligazóns de sitios web de terceiras partes

preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios

web de terceiras partes mediante o dispositivo. Os

sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo

de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá

ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se

decide acceder ós sitios mencionados, deberá tomar

precaucións relacionadas coa seguridade ou cos

contidos.

Aviso: Para utilizar as funcións deste

dispositivo, a excepción do espertador, é necesario que

se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares

nos que poida provocar interferencias ou poida

supoñer un perigo.
As aplicacións de Office admiten as funcións comúns de

Microsoft Word, PowerPoint e Excel (Microsoft Office

2000, XP e 2003). Non é posible visualizar nin modificar

tódolos formatos de ficheiro.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros

escritos da información importante almacenada no

dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro

dispositivo, lea a guía de usuario para obter instrucións

detalladas de seguridade. Non conecte produtos non

compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes

das que aparecen na pantalla do seu dispositivo.