
Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu
dispositivo, visite as páxinas de asistencia técnica
do produto na páxina www.nseries.com/support .
P: ¿Cal é o meu contrasinal para os códigos de
bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345.
Se esquece o código de bloqueo, póñase en
contacto co distribuidor do dispositivo. Se esquece
un código PIN ou PUK ou se non recibiu dito código,
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
de rede. Se desexa obter máis información sobre os
contrasinais, póñase en contacto co fornecedor do
seu punto de acceso, por exemplo, un fornecedor de
servizos da Internet comercial (ISP) ou un
fornecedor de servizos de rede.
P: ¿Como pecho unha aplicación que non está
a responder?
R: Manteña premida a tecla
. Para pechar unha
aplicación, desprácese a esta e prema C . Se preme
C non se pecha o reprodutor de música. Para pechar
o reprodutor de música, seleccióneo da lista e
Opcións
>
Saír
.
P: ¿Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do
obxectivo da cámara estean limpas.
P: ¿Por que cada vez que acendo o dispositivo
aparecen puntos descoloridos, brillantes ou
non aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de
pantalla. É posible que algunhas pantallas conteñan
píxeles ou puntos que permanecen activados ou
desactivados. Isto é normal, non se trata dun fallo.
P: ¿Por que non pode o meu dispositivo
establecer unha conexión GPS?
R: Obteña máis información sobre o GPS, o receptor
de GPS, os sinais de satélite e a información de
localización nesta guía de usuario.
Vexa
"Posicionamento (GPS)", p. 101.
P: ¿Por que non podo atopar o dispositivo do
meu amigo mentres utilizo a conectividade
Bluetooth?
R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son
compatibles, teñen activada a conectividade
Bluetooth e non están en modo oculto. Comprobe
tamén que a distancia entre os dous dispositivos
200
Solución de problemas

non supera os 10 metros (33 polgadas) e que non
hai paredes nin demais obstáculos entre os
dispositivos.
P: ¿Por que non podo finalizar unha conexión
Bluetooth?
R: Se se conecta outro dispositivo ao seu dispositivo,
pode finalizar a conexión dende o outro dispositivo
ou desactivando a conectividade Bluetooth no seu
dispositivo. Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Bluetooth
>
Bluetooth
>
Desactivado
.
P: ¿Por que non pode o outro dispositivo ver
os ficheiros gardados no meu dispositivo na
rede doméstica?
R: Asegúrese de que configurou os axustes da rede
doméstica, de que a función de compartir contido
está activada no seu dispositivo e de que o outro
dispositivo é compatible con UPnP.
P: ¿Que podo facer se a miña conexión de
rede doméstica deixa de funcionar?
R: Desactive a conexión LAN (WLAN) sen fíos do seu
ordenador compatible e o seu dispositivo e acéndao
de novo. Se isto non axuda, reinicie o seu ordenador
compatible e o seu dispositivo. Se a conexión aínda
non funciona, reconfigure os axustes de WLAN no
seu ordenador compatible e no dispositivo.
Vexa
"LAN sen fíos", p. 127.Vexa "Axustes de
conexión", p. 193.
P: ¿Por que non podo ver o meu ordenador
compatible no meu dispositivo na rede
doméstica?
R: Se está a utilizar unha aplicación de devasa no
seu ordenador compatible, comprobe que esta
permita que o servidor multimedia doméstico
utilice a conexión externa (pode engadir un servidor
multimedia doméstico á lista de excepcións da
devasa). Comprobe nos axustes da devasa que a
mesma permite o tráfico ós seguintes portos: 1900,
49152, 49153 e 49154. Algúns dispositivos do punto
de acceso WLAN teñen unha devasa incorporada.
Neses casos, comprobe que a devasa do dispositivo
do punto de acceso non bloquea o tráfico ós
seguintes portos: 1900, 49152, 49153 e 49154.
Comprobe que os axustes de WLAN son os mesmos
no seu dispositivo e no ordenador compatible.
P: ¿Por que non podo ver un punto de acceso
LAN (WLAN) sen fíos aínda que sei que me
atopo dentro do seu alcance?
R: É posible que o punto de acceso WLAN utilice un
identificador de serie do servizo oculto (SSID). Só
pode acceder ás redes que utilizan un SSID oculto se
coñece o SSID correcto e creou un punto de acceso
á Internet WLAN para a rede no seu dispositivo
Nokia.
201
Solución de problemas

P: ¿Como desactivo a LAN (WLAN) sen fíos no
meu dispositivo Nokia?
R: A WLAN do seu dispositivo Nokia desactívase
cando non está conectado ou non está a intentar
conectarse a outro punto de acceso ou non está a
escanear redes dispoñibles. Para reducir máis o
consumo de batería, pode especificar que o seu
dispositivo Nokia non busque ou busque con menos
frecuencia redes dispoñibles en segundo plano. A
WLAN desactívase nas buscas en segundo plano.
Para cambiar os axustes das buscas en segundo
plano:
1.
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
LAN inalámbrica
.
2.
Para aumentar o intervalo de tempo das buscas
en segundo plano, axuste a hora en
Buscar
redes
. Para deter as buscas en segundo plano,
seleccione
Amosar dispoñib. WLAN
>
Nunca
.
3.
Para gardar os seus cambios, prema
Atrás
.
Se
Amosar dispoñib. WLAN
está axustado en
Nunca
, a icona de dispoñibilidade de WLAN non
se amosará no modo en espera. Non obstante,
aínda pode buscar manualmente tódalas redes
WLAN dispoñibles e conectarse a redes WLAN
como de costume.
P: ¿Como podo gardar os meus datos antes
de eliminalos?
R: Para gardar datos, utilice Nokia Ovi Suite ou Nokia
Nseries PC Suite para sincronizar ou para facer unha
copia de seguridade de todos os datos nun
ordenador compatible. Tamén pode enviar datos
mediante a conectividade Bluetooth a un
dispositivo compatible. Tamén pode gardar datos
nunha tarxeta de memoria compatible.
P: ¿Que fago se a memoria está chea?
R: Elimine elementos da memoria do dispositivo ou
da memoria masiva. Se o seu dispositivo amosa a
nota
Non hai memoria abondo para efectuar a
operación. Borre datos.
ou
Memoria baixa.
Borre algúns datos da memoria do teléfono.
cando está a eliminar varios elementos ao mesmo
tempo, elimine elementos un a un, comezando
polos máis pequenos.
Vexa "Memoria libre", p. 25.
P: ¿Por que non podo seleccionar un contacto
para a miña mensaxe?
R: A tarxeta de contacto non ten un número de
teléfono, un enderezo ou un enderezo de correo
electrónico. Prema
, seleccione
Contactos
, o
contacto correspondente e edite a tarxeta de
contacto.
202
Solución de problemas

P: ¿Como podo finalizar a conexión de datos
cando o dispositivo inicia una conexión de
datos repetidamente?
R: É posible que o dispositivo estea a intentar
recuperar unha mensaxe multimedia do centro de
mensaxes multimedia. Para evitar que o dispositivo
inicie unha conexión de datos, prema
e
seleccione
Mensaxería
>
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
>
Recuperación
multimedia
e
Manual
para que o centro de
mensaxería multimedia garde as mensaxes que se
recuperarán máis tarde ou
Desactivada
para que
ignore tódalas mensaxes multimedia entrantes. Se
selecciona
Manual
, recibirá unha notificación
cando teña unha mensaxe nova no centro de
mensaxes multimedia. Se selecciona
Desactivada
,
o dispositivo non realizará ningunha conexión de
rede relacionada coa mensaxería multimedia. Para
axustar o dispositivo para que utilice unha conexión
de paquetes de datos só se inicia unha aplicación
ou acción que a necesita, prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes datos
>
Se cómpre
. Se isto non soluciona o problema,
desactive o dispositivo e actíveo de novo.
P: ¿Por que teño problemas ó conectar o
dispositivo ó meu ordenador?
R: Asegúrese de que dispón da última versión de
Nokia Ovi Suite ou Nokia Nseries PC Suite e de que
está instalada e en funcionamento no seu
ordenador compatible. Para obter máis
información sobre como utilizar Nokia Ovi Suite ou
Nokia Nseries PC Suite, consulte a axuda da
aplicación ou visite as páxinas de asistencia técnica
de Nokia.
P: ¿Podo utilizar o meu dispositivo como un
módem de fax cun ordenador compatible?
R: Non é posible utilizar o dispositivo como un
módem de fax. Non obstante, coa función de desvío
de chamadas (servizo de rede), pode desviar as
chamadas de fax entrantes a un número de fax.
P: ¿Por que non pode o dispositivo atopar
ningunha guía de programas?
R: Seleccione
Opcións
>
Volver escanear
. Se isto
non axuda, seleccione
Opcións
>
Axustes
para ver
Estado do sistema
. Se non hai sinal ou a potencia
desta é baixa, cambie a súa localización. Peche e
volva abrir o diálogo
Axustes
para ver se o sinal
mellora.
P: ¿Que fago se o soporte de apoio se solta?
R: Se deixa caer o dispositivo, por exemplo, é posible
que o soporte de apoio se solte, pero pode colocarse
de novo.
203
Solución de problemas