Nokia N96 - Axustes do Centro de vídeo

background image

Axustes do Centro de vídeo

Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione

Opcións

>

Axustes

e unha das seguintes opcións:

Selección do serviz. víd.

— Seleccione os

servizos de vídeo que desexa que aparezan no

Centro de vídeo. Tamén pode engadir, eliminar,

editar e ver os detalles dun servizo de vídeo. Non

é posible editar servizos de vídeo preinstalados.

Axustes da conexión

— Para definir o destino

de rede empregado para a conexión de rede,

seleccione

Conexión de rede

. Para seleccionar

manualmente a conexión cada vez que o Centro

de vídeo abre unha conexión de rede, seleccione

Preguntar sempre

.

Para activar ou desactivar a conexión GPRS,

seleccione

Permitir uso de GPRS

.

Para activar ou desactivar a itinerancia,

seleccione

Permitir ronda

.

Control de idade

— Permite establecer un

límite de idade para vídeos e programas de

televisión en directo. O contrasinal requirido é o

mesmo que o código de bloqueo do dispositivo.

O código de bloqueo predeterminado é 12345.

Nos servizos de vídeo baixo petición, ocúltanse

os vídeos que teñan un límite de idade igual ou

superior ao que estableza.

Memoria preferida

— Permite seleccionar se

desexa que os vídeos descargados se garden na

memoria masiva ou nunha tarxeta de memoria

compatible. Se a memoria seleccionada se enche,

o dispositivo gardará o contido na outra

memoria.

Miniaturas

— Permite seleccionar se desexa

que se descarguen e vexan imaxes en miniatura

nas fontes de vídeo.