Acerca de TV en directo
O dispositivo integra un receptor de emisións de
vídeo dixital - portátil (DVB-H), que permite recibir
emisións dixitais de televisión. Con TV en directo, é
posible acceder á televisión móbil e aos servizos de
radio (servizo de rede) e ver e escoitar programas
de televisión dixitais.
50
Telev
isión
e vídeo
Se non ten acceso ao servizo de TV en directo, é
posible que os operadores da súa zona non admitan
servizos de TV en directo.
É posible que os servizos de TV en directo só estean
dispoñibles baixo subscrición. Para obter
información acerca da cobertura de rede de TV en
directo, a dispoñibilidade e o prezo dos servizos de
TV en directo e instrucións sobre o acceso aos
servizos, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Nalgúns países, os propietarios de receptores de
televisión están obrigados a pagar unha tarifa de
licenza de televisión. Póñase en contacto coas
autoridades locais para obter máis información.
Non se pode visualizar TV en directo sen unha
tarxeta SIM nin co perfil Desconectado activado.
Se necesita cambiar o dispositivo ou a tarxeta SIM,
póñase en contacto co fornecedor de servizos para
consultar a dispoñibilidade do servizo. É posible que
teña que subscribirse de novo ao servizo.
O fornecedor de contidos do programa de televisión
ou o fornecedor de servizos da TV en directo pode
limitar o uso de dispositivos externos con
tecnoloxía sen fíos Bluetooth cando se utiliza TV en
directo; é posible que a recepción de son se deteña
se utiliza uns auriculares con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth.
Se responde a unha chamada mentres está a ver TV
en directo, a recepción de son silénciase, pero
reiníciase despois de finalizar a chamada.