Gravar programas
Para comezar a gravación do programa actual ou do
seguinte, seleccione
Opcións
>
Gravar
programa
e unha das opcións dispoñibles.
Se o programa ten un límite de idade que é superior
ao definido nos axustes, deberá inserir o código de
bloqueo antes de que poida comezar a gravación.
Non necesita o código de bloqueo para ver o
programa gravado.
Para deter a gravación, seleccione
Opcións
>
Deter a gravación
.
É posible gravar un programa en segundo plano
mentres utiliza o dispositivo para outra cousa. Para
53
Telev
isión
e vídeo
deter a gravación, abra a TV en directo e seleccione
Opcións
>
Deter a gravación
.
Para comezar a gravar un programa amosado na
guía de programas, seleccione o programa na lista
e
Opcións
>
Gravar programa
. Para axustar a
hora de gravación, modifique os axustes
correspondentemente.
Vexa "Axustes de TV en
directo", p. 55.
É posible que non sexa quen de gravar algúns
programas se non se subscribiu ao programa ou se
o fornecedor de contidos de programas de
televisión non permite a gravación.
A utilización doutras aplicacións durante a
gravación pode provocar interferencias ao
programa de televisión gravado.
A gravación pode fallar se a rede DVB-H (televisión
dixital) non está dispoñible ou se o sinal de
recepción é demasiado baixo.
Os programas de televisión gravados gárdanse en
Os meus vídeos.
Vexa "Os meus vídeos", p. 49.