Ver programas
É posible que teña que subscribirse a unha canle ou
a un programa para poder velo.
Vexa "Subscribirse
a canles e programas", p. 54.
Para ver unha canle, desprácese ata ela, prema a
tecla de desprazamento e agarde a que se cargue a
canle. Tamén pode premer as teclas numéricas para
inserir o número da canle. Prema # para inserir
números de canles de dous díxitos.
Para cambiar a canle, desprácese á esquerda ou á
dereita.
Tamén pode premer
ou
.
Para cambiar a orde das canles, seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Vexa "Axustes de TV en
directo", p. 55.
Para cambiar entre a vista de paisaxe e de retrato,
cambie o modo da tapa deslizante de dobre sentido.
Para axustar o volume, utilice a tecla de volume.
Para desactivar e activar o son, seleccione
Opcións
>
Silenciar
ou
Desactivar silencio
.
Aviso: Escoite música a un volume
moderado. A exposición continua a niveis elevados
de volume pode danar a súa capacidade auditiva.
Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co
altofalante activado, xa que o son podería emitirse
a un nivel de volume extremadamente elevado.
Para volver reproducir os últimos 30 segundos,
seleccione
Opcións
>
Volver reproducir
, se
estivera dispoñible.