
Vistas do calendario
Para cambiar o día de inicio da semana ou a vista
que desexa que se amose ó abrir o calendario,
seleccione
Opcións
>
Axustes
. Nos axustes, tamén
pode modificar o ton de alarma do calendario, o
tempo de repetición da alarma e o título da vista da
semana.
Para acceder a unha data determinada, seleccione
Opcións
>
Ir á data
. Para saltar a hoxe, prema #.
Para cambiar entre a vista do mes, a vista da
semana, a vista do día e a vista de tarefas, prema
*.
Para enviar unha nota de calendario a un
dispositivo compatible, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Se o outro dispositivo non é compatible co
Coordinated Universal Time ou UTC (tempo
universal coordinado), pode que a información da
hora das entradas de calendario recibidas non se
amose correctamente.